domingo, 28 de abril de 2013

Verbo querer

- Quérote
- De verdade me queres?
- Prométoche que si que te quero.
- Canto me queres?
- Quíxente en canto te vin.
- Que madrugador o teu querer!
- E quérote cando pestanexas.
- Quéresme entón deseguido.
- Abofé. Querereite tamén cando che saia a primeira engurra.
- Vaia!,  é bo querer o teu. Mais,  seguirías queréndome se che fose infiel?
- Incluso así te querería.
- En serio?
- Totalmente,  querida.
- Soas convincente.
- Querendo, todo é posible.
[...]
Nome: Nathan Smith
Nacionalidade:  Estadounidense
Calificación do exame oral en lingua galega centrado na conxugación do verbo querer:  APTO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario