sábado, 20 de agosto de 2016

Ollos de auga

A-mar de dúbidas... Que tolería, non?
Mergulleime nela de todas formas, pero volvinme trabucar: afoguei anegada d'a-mar e de non ser amada.

  
Cheguei a porto, esquecinme de como pousar os pés na terra e tiven medo.

Que alguén me axude a amarrar!, suplicaba caladamente,  que me axuden a amar... 

Rompían as bágoas contra as pestanas e agora teño nos ollos a escuma de chorar.

E é aínda hoxe, neste meu precipicio, cando me decato de que foi a rebeldía d'a-mar a que me erosionou a mirada.