xoves, 27 de marzo de 2014

Non poder mirar priva de ver

     Non podo máis que chorar ao ve-los teus ollos verdes, cheos de vida tristeira, extraviados no horizonte, sen ningúns beizos que observar dende preto. 
     Mírote, pero non te decatas. Tan ensimismado estás no intento frustrado de atoparte, aló lonxe onde o sol pinta as nubes de cores alaranxadas, que te perdes. Pérdeste ti e a ti - ben diferente que é - , e pérdesme. Eu, que teño uns beizos que mirar... Agretados polo frío, pero beizos ao fin e ao cabo. 
     O frío de non ter uns ollos que os miren...