luns, 17 de xullo de 2017

Os anos da ira

Aquela luz que vía, por pequeniña, queimábao por dentro. Rompeu a mirada para impedir que lle arderan os ollos, pero as pestanas xa tornaran cinsas. Malia a invisibilidade daquela sucidade abrasiva, enxaugou as fazulas cubertas de po negro -outrora rubias e encarnadas- para verse limpo de toda maldade allea.


O tempo esgótase e a nós afúmanos a rabia contida. Como se lava unha restra de espíritos envelenados con ruindade?