sábado, 20 de abril de 2013

Ven as mesmas estrelas por riba de si

     Antes de que remate a noite e comece o día teñen unha cita. Ela non acudirá,  el tampouco. Os dous ficarán mirando o escuro ceo pola fiestra,  esperando que suceda algo. Tal vez un Romeo trepe pola parede ata alcanzar o balcón,  ou quizais o longo cabelo dunha Rapunzel colgue dende o piso de arriba.
     Son conscientes de que nada diso ocurrirá. Tampouco lles importa. Gústalles mirar o mesmo horizonte cada amencer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario