xoves, 10 de agosto de 2017

Descrición da mágoa

Carencia implica ausencia e necesidade,
e ti fáltasme e fasme falta.

Tremenda a polisemia desta sensación unívoca... 

*

Nalgunhas ocasións creo desorientarme e conclúo estar no certo.
Non quería estar alí. 
A cruz do meu mapa mental procuraba un erro nesa presunción da propia perda.

E a nostalxia doutro tempo arrástrame mar adentro e vexo a terra facerse pequena, pequeniña, pequeniña...
Despois do naufraxio, xa nada.
Así tampouco afundo.

*

E é que unha vez tiven un soño gravado no corazón: arroutada rosaliana que me corrompe os principios de emoción.