xoves, 14 de novembro de 2013

Dependendo de como o mires, así o verás.

   Chámome Daniel, teño dez anos e unha morea de cousas. Regaláronme tres videoconsolas, dous ordenadores, un teléfono móbil de última xeración. Teño caixas cheas de bombóns de chocolate, e cancro. E iso é un problema: o chocolate non me gusta.

sábado, 2 de novembro de 2013

Runaway

     Fuxiu en canto a viu chegar coa melena máis longa cá última vez, caéndolle polos ombreiros, dócil.  Viuse incapaz de aguantar a mirada daqueles ollos, tan grandes, tan verdes, tan cheos de inocencia. E fuxiu.

Da vida.

Mira, corre o sangue polo seu torso.