mércores, 30 de xaneiro de 2013

NEVER GIVE UP

     Abaneo rápido, fugaz, hacia adiante, vento a favor. Mirada alzada, pernas en horizontal, estiradas. Mans agarradas ás cordas, con temor a soltarse. Unha man aventúrase e alóngase alí no alto, probando a alcanzar unha nube. Pero tan axiña como sobe, baixa.

     Abaneo hacia atrás. A man vólvese a agarrar á corda, obrigándose a si mesma a chegar máis lonxe a seguinte vez. Cume atrás. Impulso hacia adiante, con forza, seguro. Movementos repetidos, ilusións fixas. Fugacidade. Volta atrás, esforzo cara adiante. E nada. Pero renderse é un verbo que non existe no dicionario dun loitador.

     Dende atrás, máis forte ca nunca, novo balanceo. Agora si, a nube na palma da man. As xemas dos dedos rozan o fino algodón e aférranse a el, non o deixan marchar.

     A nube non baixa, pero o loitador sobe, tendo coidado de non tropezar na escaleira infinita dos soños e voltar de novo a aquel mundo sen unicornios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario