domingo, 27 de xaneiro de 2013

Amigos


    Meus amigos, amigos meus, compañeiros  de sempre;

Somos a xeración do 97 de Castroverde, se me permiten os do Cádavo. Fai anos que nos coñecemos, non? As lembranzas máis antigas chegan lonxe e preto, á vez. Lonxe nos anos, lonxe para nós, que din que somos xoves. Preto porque seguen aí, a carón do corazón. Era naquela clase de infantil na que xogábamos con Teddy e nos divertíamos con Pili. Cantábamos con Dorotea, Rebeca, Miguel, Fátima e as demais notas da escala musical de Ester. Eramos nenos. Fomos nenos durante todos os anos de Primaria, incluso de Secundaria. ¿Non somos nenos acaso? Nenos que medraron, pero que teñen aínda ese espírito pueril. Nenos ceibes que compartiron unha infancia chea de risas, de gargalladas e de xogos. De choros cando caiamos ao chan, só neses casos deixábamos caer bágoas. Case todas as demais eran de crocodilo , confesámolo.

Seguiron xuntos os nosos camiños na adolescencia máis temperá, sen separarse en ningún momento, aínda que quixese semellalo. Como agora, que a vida nos quere poñer a proba. Cando as circunstancias parezan adversas para as nosas sendas paralelas, facendo que se desvíen pouco a pouco, aí estaremos nós para dirixilas na dirección correcta. Cada un ao seu xeito, pero sempre pegado ao compañeiro. Coma sempre, para sempre.

Porque, amigos, aínda que está a piques de rematar esta etapa , logo desta vén outra. E outra máis detrás da seguinte. Somos fortes coma ninguén, non deixaremos que nos venza. Pasarán os anos, e nós, nenos en corpos de adultos, non esqueceremos que temos un pasado común, un presente que aínda non se acabou , e un futuro que convertiremos en presente.

Rapaces, seguiremos facendo festa alá por onde vaiamos, sen importar os anos ou as condicións.
Porque, dicídeme, de veras existe algo máis forte ca amizade?

Atentamente,
                                                                                                   Calquera de nós.  

4 comentarios:

  1. Eres genial, encántoume
    Qerote mil, a ti e a todos<3

    ResponderEliminar
  2. Muy emotivo y emocionate...Precede a lo que va a se vuestra despedida del centro, seguro que llena de emotividad, de risas y lágrimas... Una buena generación de estudiantes en la qeu confiamos, de la que estamos orgullosos, de todos y cada uno de vosotros, cada uno con sus virtudes, pero, desde luego, especiales...porque cada curso es diferente...es como un ser vivo que se va alimentando de lso seres vivos que lo componen, por eso cada curso es diferente, cada generación es diferente...y eso es lo bonito de trabajar con vosotros...que sois vida viva...Seguid así de vivos y de creativos siempre...Nosotros leeremos y seguiremos con alegría vuestros avances vitales y creativos...y siempre seréis un poquito nuestros...

    ResponderEliminar
  3. Alégrome de que che gustase =)
    Non só será unha despedida do centro, será como deixar atrás a nosa infancia, pero sen esquecela. Por iso non nos importa, é máis, gústanos que sexamos parte da familia do CPI Castroverde.

    ResponderEliminar