sábado, 8 de xuño de 2013

Musa do pintor dun cadro en tons vermellos

     Sentía o seu fráxil corpo tremer e non era quen de controlalo. Os dentes batían uns contra outros, emitindo un son macabro, e as pernas non paraban quedas no chan. Sentada na esquina do cuarto, cubrindo a súa pel magullada coas mans, tiña pánico. Sufría máis cando saía el pola porta facendo un terrible estrondo que cando estaba nos seus brazos, inmóvil, con ríos vermellos descubrindo cada recuncho dela. No momento no que impactaba o puño del na súa barriga non tiña tempo a pensar. Só pechar os ollos e deixarse ir. Escoitaba golpes. Nin berrar podía. Mais non tiña medo, só impotencia. Era unha boneca, o xoguete del.
     Sen embargo, caída no chan, soa no cuarto, sen ninguén que lle esbardallara palabros ao oído, era vítima do máis ruin dos medos. Sabía que xa se marchara, pero as unllas doíanlle e os peitos mancábana.
     E temblaba. El podía volver.

Ningún comentario:

Publicar un comentario