domingo, 23 de xuño de 2013

Berrar en silencio

     Aínda tendo moito que dicir, as palabras non saen. Entón falan as apertas, sen voz, e precisan berrar. E xúntanse forte dous corpos -  forte, moi forte - para vociferar en silencio todo o que os oprimía. Nun simple xesto sóltano todo e ambos conversan, sen cruzar un vocablo, desculpándose e aceptando o perdón.
     Incapaces de separarse, permanecen unidos. Incluso despois de marchar, semellan un. Agora, sen apalpar os brazos do outro, alcanzan a nube dos mesmos pensamentos. E viaxan nela os dous durante horas. Logo baixan e volven estreitarse nun abrazo que reitera o dito.
     Por se quedaba algunha dúbida,  agora esfumouse, desapareceu asasinada grazas ao poder do querer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario