venres, 14 de xuño de 2013

O adeus pronunciado sen ninguén marchar.

     Un adeus adoita saber amargo case sempre, pero máis cando ninguén se vai.   Nese caso,  é unha despedida tan chea de certeza de volver a verse como rebosante de seguridade de non volver a ser un. É difícil alonxarse de quen está preto, é unha distancia totalmente mortífera. Mata lentamente, retorcendo as veas e formando un burullo no corazón complicado de desfacer. Capilares e sentimentos enrólanse por todo o corpo nunha guerra sanguiñenta.          E, mentres, curta distancia ameazante. Distancia impecable.     Adeus desgastado, roído polos saúdos de cada mañá. Xélidos, fríos, rutinarios. Dentro, apasionante batalla de emocións. Enardecida, viva, electrizante.  
      De súpeto, no medio da guerra: atentado. Estoupa unha bomba, a sanguínea. E derrama sangue. Coagúlase pronto e queda a loita soterrada, inmóvil nos grumos. Último adeus a quen mañá se lle dan os bos días. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario