xoves, 14 de marzo de 2013

Unha peza de agarimo e morriña.

Deixamos atrás lembranzas, sorrisos. Abandonamos días felices de infancia inocente, infancia forzada a túa. Eran xogos de nenos pequenos e de nenos maiores, agochados baixo un disfraz de persoas serias. Mans que non só valían para agarrar, senón que para sentir, para transmitir confianza. A dun avó á súa neta. A dun amigo á súa compañeira de risas. Sensación de seguridade a cambio dun anaco de xuventude. Foi un auténtico privilexio e un verdadeiro honor ter sentado no teu colo. Lembro cada xesto agarimoso, cada rifa de mentira. Xamais se esquecerán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario