mércores, 20 de marzo de 2013

Nunca choveu que non escampase

Mañanciña de primavera, os paxaros pían alegres e as flores espertan despois do duro inverno. Desperézanse e buscan cos pétalos o sol,  aló arriba. Atópano tenue,  tímido entre as nubes,  mais saben que non tardará en engrandecerse e celebrar a nova estación cos seus raios de luz. Os vermes sairán dos seus casulos, agora bolboretas,  e voarán axiña ao encontro da alegría,  tal como a chama da candea danza na procura de osíxeno;  tal como o neno busca a man da nai.

Ningún comentario:

Publicar un comentario