xoves, 14 de marzo de 2013

Doce fantasía

Os párpados pregaban unha tregua que non estaba disposto a darlles. Fora un día demasiado bonito coma para que terminase tan cedo. Os claros volvíanse escuros, pero as cores non desaparecían. Ao lonxe, viuno. Camiñaba recto, sen pararse a ollar nin sequera o fabuloso paisaxe que lles ofrecía a terra galega. Só facía unhas horas que o vira, e xa estaba de novo alí, para escribir xuntos un novo capítulo do seu libro. Faltáballe dar uns pasos, e alí estaba. Cos brazos abertos, esperándoo. E el xa ía. . . Pero non foi. Espertou sobresaltado, e decatouse de que faría falta algo máis que dormir plácidamente para ver realizado o que tanto desexaba. Home e home, igual contra igual.

2 comentarios:

  1. Leído a Alberto García-Alix: "Creo que el oficio de fotógrafo consiste no sólo en mostrar lo que ve, sino en convertirlo en verídico y emocionante, aportarle un aliento. Por eso hago fotos, porque me siento un fabulador, un cuentista, un aprendiz de poeta que intuye, a su pesar, que sus fotos son la odisea de una catástrofe.(...). Está dicho."
    Creo tú haces lo mismo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ai, madriña querida! -diría miña avoa- ,moitas grazas, en serio. Comentarios así sacan un bo sorriso. E, non é iso fermoso?

      Eliminar