martes, 7 de xaneiro de 2014

Ollos azuis, mentireiros.

     Xa non é que os teus ollos me lembren ao revoltoso Cantábrico, senón que cando me baño nese mar de augas rebeldes penso que buceo no teu iris azul. Que ironía. É unha cor demasiado pura  para tan sucia conciencia como debes ter. Agochas un ceo - ti, inferno-  baixo as pestanas; pobres paxariños engaiolados que non saben hacia onde voar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario