domingo, 19 de xaneiro de 2014

Insomnio

      Domingo pola tarde e ti deitada na cama, as sabas revoltas e a túa melena alaranxada triste. A única resaca que podes ter é a debida a non beber doutro vaso diferente aos seus beizos.
     O teu problema é que o insomnio que te sacude cada madrugada che impide soñar con el.
     O día que o atopes camiñando realmente pola rúa volverase a incendiar o teu cabelo, retornando á cor do lume, como aquela vez que o coñeciches. O espertador da mesiña de noite marcaba as catro e media da mañá cando te salvou do pesadelo que sería non atopar a ninguén naquela praia tan pouco iluminada, onde a auga non mollaba os pés.
     Ao fin e ao cabo, as sabas non suben coa marea e soñar segue sendo de balde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario