mércores, 8 de maio de 2013

E se somos títeres?

   - Quixera chorar da risa tantas veces como rin mentres a tristura era miña dona - dixo o bufón do circo - A trapecista máis seria é a máis feliz da familia. O neno das piruletas chora cando se lle caen ao chan, pero por dentro está contento,  pois sabe que lle mercarán outra. O simpático presentador do espectáculo perde toda a simpatía en canto cruza á parte de atrás do telón. - suspirou baixando a vista - Eu...,  eu teño pintado un sorriso de orella a orella e un nariz vermello,  nada que non se poida borrar cun chisco de auga. Todo é mentira, nada é o que aparenta ser. Pero ten en conta que os mellores mentireiros fan parecer mentiras todo o que din. Incluso a verdade minte. Ti,  por exemplo,  es unha completa mentira. Quen che di que non es un personaxe imaxinario inventado por un enganador?,  pode que sexa tan bon facendo o truco que os seus propios títeres acaben crendo que son reales.

Ningún comentario:

Publicar un comentario