mércores, 30 de xullo de 2014

Lembranzas xeadas

Era unha brisa ao principio. Mesmo se agradecía a súa chegada. Con aquel ambiente cargado no seu interior, aquela frescura que abanicaba as lembranzas víñalle ben.
A brisa mudou a vento frouxo que, sen chegar a ser molesto, xa movía demasiado as cousas do seu sitio.
Tornou a vento forte co paso do tempo. Os recordos agochados nos recunchos da mente voaban dispersos polo medio e medio, desordeándose e formando un caos.
Chegaba o temporal, a choiva, a saraiba. Imaxes e sons quedaron destruidos logo da catástrofe que, pese a amainar, seguía azoutando o cerebro. Quen se acordaba xa de como era aquela mente antes?

Camiñando desorientado, atopou unha casa abandoada na que se resgardou dese frío que lle xeaba as lembranzas. Explorou o local. Estrañoulle a presenza dun taburete tapizado con terciopelo. Sentou, xirou, e viu. E tocou.
Música.
- Sei tocar o piano... - murmurou abraiado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario