domingo, 2 de febreiro de 2014

P'ra ti

    Non me doe tanto o feito de que  non estés como o de que endexamais volverás a sentarte comigo no colo.
     Prometo lembrarme de ti por moito tempo que pase, por moitos días que marchen carentes dese agarimo teu.

  
     Imaxinádevos que é un relato coma outro calquera. Crede que falo dunha historia de desamor, como tantas veces, na que un dos dous quedou só.
     Pero sabede que xogar a quitarlle o pucho e poñelo eu, créndome maior, son tan só lembranzas. E iso desgárrame por dentro. A min e aos que seguen aquí, comigo e sen el.

Ningún comentario:

Publicar un comentario