venres, 19 de xullo de 2013

Distorsión

     Non entendo por que xa non queres tomar o caldo. Antes devecías por el. Nin a culler colles, sequera. Estás máis delgado que a última vez que nos vimos pero non perdiches o azul dos teus ollos. Séguenme recordando ao mar, á praia que visitamos ao pouco de casar.
     Pero come algo!
    
     Cando marchaches lembro que viñera moita xente, a maioría ataviada con tons escuros, desperdiciando bágoas de crocodilo. Eu ría! Semellábame graciosa a situación. É que non se decataban de que voltarías?
Como senón ía estar falando eu agora contigo?

Ningún comentario:

Publicar un comentario