xoves, 10 de marzo de 2016

Entropía distópica

Ás veces quedo sen voz:
berro silencio
e o eco da nada bate en min.
 Baléirame por dentro;
quítame as palabras
ese silencio,
e déixame sen nada que dicir,
sen nada p'ra dicir.

*

Viaxo con compaña
para non perderme, 
para non sufrir de máis 
cando me troncen o voo.
Vou coa soidade,

pero non dá nin palabra.

*

teño a gorxa afónica de non falar

e a alma rota de non sentir.


Ningún comentario:

Publicar un comentario